QUEN SOMOS?
BENVIDOS Á SOCIEDADE GALEGA DE CONTRACEPCIÓN.
(SOGAC)   é   unha   sociedade   científica   e   profesional   que   ten   como   obxectivos   o   asesoramento,   a   difusión,   a   promoción   e o   estudo   dos   distintos   métodos   anticonceptivos,   en   colaboración   coa   Sociedad   Española   de   Contracepción   (SEC),   da   que forma parte. A   SOGAC   foi   creada   en   1999,   sendo   o   seu   grande   impulsor   e   primeiro   presidente   o   Dr.   Eduardo   Yáñez.   Pertencen   á SOGAC   matronas,   enfermeiros/as,   traballadores/as   sociais,   psicólogo/as,   xinecólogos/as,   médicos   de   atención   primaria   e outro/as      profesionais   que   traballan   para   mellorar   a   saúde   sexual   das   mulleres   galegas,   e   conseguir   unha   sexualidade   libre, saudable, pracenteira e responsable. A   sexualidade   constitúe   un   dereito   humano   fundamental   e   un   ámbito   moi   valioso   da   vida   que   inclúe   non   só   aspectos reprodutivos,   senón   tamén   os   desexos   de   contacto,   intimidade,   pracer,   vinculación   afectiva   e   amor.   A   SOGAC   traballa   en colaboración   con   outras   sociedades   e   organismos   na   defensa   dos   dereitos   sexuais   e   reprodutivos,   sendo   o      libre   acceso   ós métodos   anticonceptivos,   baseado   no   coñecemento   científico   e   libre   de   prexuízos   ideolóxicos,   un   elemento   decisivo   que forma   parte   da   calidade   de   vida   dunha   sociedade   libre   e   democrática,   que   establece   o   dereito   da   muller   a   tomar   as   súas propias decisións.
DIRECTIVA DA SOGAC
A SOCIEDADE GALEGA DE CONTRACEPCIÓN
Na asamblea extraordinaria da SOGAC celebrada o pasado 27 de febreiro de 2015 en Santiago de Compostela elixiuse a nova Xunta Directiva, quedando configurada do seguinte modo:
David Gómez Sánchez
PRESIDENTE
Luis Miguel González Seijas
VICEPRESIDENTE
Martina Freire Comedeiro
SECRETARIA
Sandra García Lavandeira
TESOREIRA
María José Carballo Martínez 
VOGAL A CORUÑA
Lorenzo Armenteros del Olmo
VOGAL LUGO
Sandra García Lavandeira 
VOGAL OURENSE
Javier Valdés Pons 
VOGAL PONTEVEDRA
Agradecemos á antiga Xunta Directiva o labor realizado, en especial ó seu presidente, Javier Valdés, e  pedimos a todos os socios/as que nos fagades chegar todas aquelas suxestións que consideredes  oportunas para mellorar o funcionamiento da nosa sociedade.
Faite socio
FAITE SOCIO DA SOGAC.
Se queres ser socio/a da Sociedade Galega de Contracepción, tan só tes que enviarnos ó correo electrónico info@sogac.org os seguintes datos:
Nome: DNI: Profesión e lugar de traballo: Enderezo: Correo electrónico: Teléfono de contacto: Nº de conta bancaria (IBAN): As cuotas anuais da nosa sociedade son as seguintes: 25 euros: socio/a da SOGAC 35 euros: socio/a da SOGAC e da SEC (Sociedad Española de Contracepción)
INFORMACIÓN SOBRE A SOGAC
SOCIEDADE
GALEGA
DE
CONTRACEPCIÓN
BENVIDOS Á
Illas Cíes
DIRECCIÓN Rúa Echegaray, 8 36002 / Pontevedra
CONTACTO email: info@sogac.org web: www.sogac.org
Copyright © 2016 Spauria ®   Ltd. para SOGAC. Todos os dereitos reservados.
Unha web de
Profesionais Usuarias
Sociedade Galega de Contracepción Sociedade Galega de Contracepción
Inicio
Revista da SOGAC
Acceso profesionais