INTERRUPCIÓN VOLUNTARIA DO EMBARAZO
Condicións e prazos legais para o IVE.
CONDICIÓNS
1
Dentro das primeiras 14 semanas de xestación, a petición da muller, sempre que concorran os seguintes requisitos: a. Que se informara á embarazada sobre os dereitos, prestacións e axudas públicas de apoio á maternidade b. Que transcorrera un prazo de cando menos tres días, dende a información mencionada no parágrafo anterior e a realización da intervención.
2
Dentro das primeiras 22 semanas de xestación, sempre que: a. Exista grave risco para a vida ou a saúde da embarazada, e así conste nun ditame emitido con anterioridade por un médico especialista distinto do que practique ou dirixa a interrupción. b. Exista o risco de graves anomalías no feto, e así conste nun ditame emitido con anterioridade á intervención por dous médicos especialistas distintos do que a practique ou dirixa.
3
En calquera momento do embarazo, cando se detecten anomalías fetais incompatibles coa vida, e así conste nun ditame emitido con anterioridade por un médico especialista, distinto do que practique a intervención, ou cando se detecte no feto unha enfermidade extremadamente grave e incurable no momento do diagnóstico e así o confirme un comité clínico. Este comité clínico estará formado por un equipo multidisciplinar integrado por dous médicos especialistas en xinecoloxía e obstetricia ou expertos en diagnóstico prenatal e un pediatra. A muller poderá elixir un destes especialistas. A súa función é a deconfirmar ou non o diagnóstico previo do médico ou médicos que atenderan á muller embarazada nestes supostos. Confirmado o diagnóstico polo comité, a muller decidirá sobre a intervención.
REQUISITOS
1
Que se practique por un médico especialista ou baixo a súa dirección.
2
Que se leve a cabo nun centro sanitario público ou privado acreditado.
3
Que se realice co consentimento expreso e por escrito da muller embarazada ou, no seu caso, do representante legal. Poderá prescindirse do consentimento expreso no suposto de que exista risco inmediato grave para a integridade física ou psíquica da muller e non sexa posible conseguir a súa autorización, consultando, cando as circunstancias o permitan, aos seus familiares ou ás persoas vinculadas de feito a ela.
4
A muller de 16 ou 17 anos prestará o seu consentimento acompañado dun documento que acredite que cando menos un dos representantes legais, pai ou nai, persoas con patria potestade ou titores da mesma, foi informado da decisión da muller.
ENDEREZO Rúa Echegaray, 8 36002 / Pontevedra
CONTACTO email: info@sogac.org web: www.sogac.org
Copyright © 2017 Spauria ®   Ltd. para SOGAC. Todos os dereitos reservados.
Unha web de
Sociedade Galega de Contracepción Sociedade Galega de Contracepción
Revista da SOGAC
Acceso profesionais