O CAPUCHÓN CERVICAL
Descúbreo na clínica interactiva
Vídeos
explicativos
Animacións 3D
dalle ó play e escolle
Preservativo
masculino
Preservativo
feminino
Diafragma
Capuchón
cervical
Esponxa
vaxinal
Espermicidas
Pílula
Parche
Anel
Hai máis métodos esperándote
Pílula só
xestáxenos
Inxección
trimestral
Implante
DIU
DIU
hormonal
Ligadura
tubárica
Oclusión
tubárica
Vasectomía
Métodos
naturais
ENDEREZO
Rúa Echegaray, 8
36002 / Pontevedra
CONTACTO
email: info@sogac.org
web: www.sogac.org
Copyright © 2021 SOGAC. Todos os dereitos reservados.
¿En que consiste?
Similar ó diafragma, é un dispositivo de látex ou silicona, con forma de
dedal, que se introduce na vaxina cubrindo o colo do útero, impedindo
así o paso dos espermatozoides.
¿Cómo se utiliza?
-Existen varias tallas. Para elixir a máis axeitada, é necesaria unha exploración
xinecolóxica para medir o colo do útero. Tamén se debe repetir esta exploración tras un
embarazo ou cambio significativo de peso, xa que a talla pode cambiar.
-Debe usarse unha crema espermicida, que debe encher a terceira parte do capuchón e
cubrir tamén os seus bordes.
-Apértase o bordo e introdúcese a parte cóncava cuberta de espermicida cara arriba, de
forma que cubra o colo uterino.
-O capuchón cervical debe introducirse antes do coito, e non debe retirarse ata 6
horas despois da exaculación. Non obstante, tampouco debe deixarse máis de 48 horas
na vaxina para evitar que produza irritación vaxinal.
-Retírase introducindo un dedo, enganchando o bordo do capuchón e tirando cara abaixo
e afora.
-Se o coito se realiza despois de tres horas de ter colocado o capuchón, ou se hai
varios coitos, deberá aplicarse unha nova dose de espermicida sen retirar o capuchón.
-Despois de usalo, lávase con auga e xabón neutro, sécase e gárdase nun lugar fresco e
seco, protexido da luz.
-Os capuchóns deben recambiarse como mínimo cada dous anos. Deberase cambiar
antes se o capuchón presenta gretas, ocos ou engurras.
-Non deben usarse lubricantes derivados do aceite ou certas medicacións vaxinais, xa
que poden acelerar o deterioro do capuchón.
Eficacia
Presenta unha baixa eficacia, menor que outros métodos, e que
diminúe en mulleres que tiveron un parto vaxinal.
-O índice de Pearl (nº de embarazos/100 mulleres-ano) estímase en:
- 14 nas mulleres que non tiveron partos por vía vaxinal
- 29 nas mulleres que tiveron partos por vía vaxinal
-Para manter a súa eficacia debe usarse xunto cun espermicida, unha
crema que actúa inactivando os espermatozoides.
Beneficios
-Escasos efectos secundarios.
-Non interfire nas relación sexuais.
-Pode protexer das Infeccións de Transmisión sexual (ITS), pero en
menor medida que os preservativos masculino e feminino.
Inconvenientes
-Eficacia anticonceptiva menor que outros métodos.
-Necesita unha exploración xinecolóxica por un profesional
previamente ó seu uso e tras un embarazo ou cambio significativo de
peso, xa que a talla pode cambiar.
-Debe introducirse antes do coito, e non debe retirarse ata 6 horas
despois da exaculación.
-Pode aumentar a frecuencia de infeccións urinarias.
-O uso da crema espermicida pode causar irritación vaxinal.
Contraindicacións
-Menos de seis semanas postparto ou dúas semanas postaborto.
-Prolapso xenital importante.
-Alto risco de Infeccións de Transmisión Sexual.
-Infeccións urinarias de repetición.
-Alerxia ó látex ou ó espermicida.
-Uso de lubricantes derivados do aceite ou certas medicacións
vaxinais, xa que poden acelerar o deterioro do capuchón.