A OCLUSIÓN TUBÁRICA
A OCLUSIÓN TUBÁRICA
Descúbreo na clínica interactiva
Vídeos
explicativos
Animacións 3D
dalle ó play e escolle
Preservativo
masculino
Preservativo
feminino
Diafragma
Capuchón
cervical
Esponxa
vaxinal
Espermicidas
Pílula
Parche
Anel
Hai máis métodos esperándote
Pílula só
xestáxenos
Inxección
trimestral
Implante
DIU
DIU
hormonal
Ligadura
tubárica
Oclusión
tubárica
Vasectomía
Métodos
naturais
ENDEREZO
Rúa Echegaray, 8
36002 / Pontevedra
CONTACTO
email: info@sogac.org
web: www.sogac.org
Copyright © 2021 SOGAC. Todos os dereitos reservados.
¿En que consiste?
É a oclusión das trompas de Falopio mediante a inserción duns
dispositivos por vía vaxinal, guiados por un cámara (histeroscopio)
duns 5 mm de diámetro. Realízase en consulta ambulatoria, sen
necesidade de anestesia.
Duración
Permanente. É un método definitivo e irreversible.
Eficacia
-Moi alta, posiblemente superior á ligadura tubárica por vía
laparoscópica ou laparotómica.
-A taxa de embarazo ós 5 anos de uso estímase en 0,2%.
Beneficios
-Alta eficacia anticonceptiva, similar ou incluso superior á ligadura
tubárica por laparoscopia.
-Realízase de forma ambulatoria, sen necesitar anestesia.
-Debido á súa eficacia e seguridade, recoméndase en vez da ligadura
tubárica por laparoscopia, especialmente en pacientes obesas e con
risco cirúrxico.
Inconvenientes
-Non é efectiva de forma inmediata. Precisa dun tempo de 3 meses para que os dispositivos
desencadeen unha reacción fibrótica que obstrúa as trompas.
-Pasados 3 meses, débese confirmar cunha proba de imaxe (ecografía, radiografía ou
histerosalpingografía), que os dispositivos están correctamente colocados. Ata entón débese
empregar un método anticonceptivo alternativo.
-Entre o 5%-10% dos casos non se pode realizar a inserción nas dúas trompas, por non ser
posible a súa visualización ou por ofrecer resistencia ó paso do dispositivo
-Aínda que é unha proba ben tolerada, poden aparecer molestias coa inserción que soen
remitir con analxésicos habituais. Tamén se pode experimentar sensación de mareo, que
adoita ser leve e de rápida recuperación.
-Excepcionalmente (menos de 5/1.000 casos) poden xurdir complicacións como infección
pélvica que precise tratamento con antibióticos, alerxia ó niquel, perforación dunha trompa,
migración dun dispositivo á cavidade abdominal ou dor persistente que obrigue á extracción
dos dispositivos.
-É un método irreversible. Para conseguir un embarazo posterior á intervención, son
necesarias técnicas de reprodución asistida (fecundación in vitro).
1. ¿É necesaria a toma de analxésicos antes da proba?
A inserción é habitualmente moi ben tolerada. A toma dun analxésico unha hora antes (por exemplo
ibuprofeno), aínda que non imprescindible, pode diminuír as molestias relacionadas coa inserción.
2. ¿É necesario usar algún outro método anticonceptivo?
Si. Deberase usar outro método como mínimo durante os 3 meses posteriores ó procedemento, ata
confirmar mediante unha proba de imaxe (ecografía, radiografía ou histerosalpingografía) a correcta
posición dos dispositivos.
3. ¿En que momento do ciclo se deben colocar?
-Débese evitar colocar coa menstruación, xa que o sangrado pode impedir unha correcta visualización.
-O momento ideal é a primeira fase do ciclo, despois da regra, xa que o endometrio é mais fino e pódense
identificar os orificios tubáricos de forma máis sinxela.
-O uso de anticonceptivos hormonais tamén facilita a visualización dos orificios tubáricos, ademais de servir de
método alternativo adicional.
4. ¿Que efectos producen os dispositivos no caso de embarazo?
-Como é un método irreversible, no caso de buscar embarazo deberá realizarse unha técnica de reprodución
asistida (fecundación in vitro). Aínda que existen poucos casos publicados, non existe evidencia de que os
dispositivos diminúan a eficacia da técnica.
-Nos casos de embarazo con dispositivos tubáricos, tampouco se teñen rexistrado complicacións obstétricas.