O PRESERVATIVO MASCULINO
O PRESERVATIVO
Descúbreo na clínica interactiva
Vídeos
explicativos
Animacións 3D
dalle ó play e escolle
Preservativo
masculino
Preservativo
feminino
Diafragma
Capuchón
cervical
Esponxa
vaxinal
Espermicidas
Pílula
Parche
Anel
Hai máis métodos esperándote
Pílula só
xestáxenos
Inxección
trimestral
Implante
DIU
DIU
hormonal
Ligadura
tubárica
Oclusión
tubárica
Vasectomía
Métodos
naturais
ENDEREZO
Rúa Echegaray, 8
36002 / Pontevedra
CONTACTO
email: info@sogac.org
web: www.sogac.org
Copyright © 2021 SOGAC. Todos os dereitos reservados.
¿En que consiste?
É unha funda delgada de látex ou poliuretano que recobre o pene en
erección durante o coito. Retén o seme exaculado, polo que evita que
os espermatozoides entren en contacto coa vaxina, impedindo así o
embarazo.
¿Cómo se utiliza?
-Mercar os preservativos en farmacias ou establecementos garantidos. Comprobar a data de
caducidade.
-Débese usar un novo preservativo en cada coito. Tamén se debe cambiar o preservativo se no
transcurso dunha relación sexual se cambia a vía de coito (por exemplo, cambio de coito anal a
vaxinal).
-Abrir o envoltorio coa man, nunca cos dentes ou cun instrumento cortante, xa que poderían
erosionar o preservativo. Débese sacar o preservativo con suavidade, evitando tocalo con unllas
afiadas ou aneis. O reborde do preservativo debe estar na parte exterior, en caso contrario está
ó revés.
-Debe colocarse ó inicio da erección, antes de que o pene toque a vulva (o pene segrega fluídos
xa antes da exaculación, que poden transmitir infeccións de transmisión sexual ou producir un
embarazo).
-Prémese a punta do preservativo, onde está o depósito, para evitar que quede aire dentro e
poida así almacenar o seme. A continuación, sen soltar a punta, desprégase o preservativo ó
longo do pene ata a súa base.
-É importante deixar un espazo libre e sen aire no extremo para reter o seme sen producir a
rotura do preservativo.
-Trala exaculación, co pene aínda erecto, débese retirar o pene sostendo con firmeza o
preservativo pola súa base. Así evítase que o preservativo quede retido na vaxina.
-Tras retirar o preservativo, debe comprobarse que non se rompeu e tiralo ó lixo, nunca ó
inodoro.
-Os preservativos deben gardarse nun lugar fresco e seco, apartados da luz solar e a calor.
Eficacia
-Ten unha elevada eficacia para evitar un embarazo non desexado, aínda que esta
eficacia é menor comparada con outros métodos, xa que o problema do preservativo é o
seu uso inconsistente (non sempre se utiliza en todas as relacións) e inadecuado
(débese colocar sempre antes da penetración).
Outras causas menos frecuentes de fallo anticonceptivo poden ser a rotura do
preservativo ou a retención do mesmo na vaxina despois do coito (1-3%).
-O índice de Pearl (nº de embarazos/100 mulleres-ano) estímase en:
- 18 na poboación xeral (uso típico)
- 2 naquelas mulleres que o usan sempre de forma correcta e sistemática (uso
perfecto)
-A súa eficacia aumenta se se usa cun espermicida, unha crema que se aplica na vaxina
inactivando os espermatozoides.
-Para aumentar á súa eficacia anticonceptiva, é recomendable o emprego do coñecido
como dobre método (preservativo asociado a outro método como o a pílula ou o DIU).
Co preservativo obteremos unha elevada protección sobre as ITS, e asociando outro
método aumentaremos a eficacia anticonceptiva.
Beneficios
-Protexe contra as Infeccións de Transmisión Sexual (ITS), así como da
transmisión do Virus do Papiloma Humano (VPH).
-Ausencia de efectos secundarios.
-Facilidade de uso e acceso, sen necesidade de prescrición médica.
-Para algún homes, pode axudarlles a atrasar a exaculación.
Inconvenientes
-Eficacia anticonceptiva menor que outros métodos, debido
principalmente ó seu emprego incorrecto e inconsistente.
-Require a aceptación da parella.
-Método non financiado.
-Necesidade de telos sempre dispoñibles.
-Pode interferir nas relacións sexuais, en aspectos como a
sensibilidade ou a espontaneidade.
1. Tras inserir o DIU, ¿debo usar un
método anticonceptivo adicional?
O DIU de cobre ten unha eficacia
inmediata, polo que non se necesita
utilizar un método anticonceptivo
adicional.
Os DIUs hormonais tardan uns 7 días
en acadar a eficacia anticonceptiva,
polo que se non insiren entre os días
1ºe7º de regra, deberá usarse un
método anticonceptivo adicional
durante unha semana.
1. ¿Protexe contra as enfermidades de transmisión sexual?
Si. O preservativo é o único método que protexe contra as enfermidades de transmisión sexual.
2. ¿Qué controis son necesarios?
A Organización Mundial da Saúde
(OMS) recomenda unha única visita de
control trala primeira menstruación,
entre 3-6 semanas despois da inserción,
para comprobar que está colocado
correctamente.
De todas formas, é desexable a
posibilidade de acceder a consulta, en
calquera momento que xurda algunha
dúbida ou problema
2. ¿Que podo facer se a miña parella non quere usar o preservativo?
-A protección fronte a un embarazo non desexado e as enfermidades de transmisión sexual, é importante
tanto para ti como para a túa parella.
-Recomendamos que, antes do inicio das relacións sexuais, cheguedes a un acordo para decidir qué
método anticonceptivo ides empregar. Deste modo poderedes gozar da vosa vida sexual plenamente e con
seguridade.
3. ¿Débese colocar coa
menstruación?
O DIU pódese colocar en calquera
momento do ciclo se a muller está
segura de que non está embarazada.
Non obstante, durante a menstruación
o cérvix uterino está máis dilatado e a
súa inserción do DIU pode ser máis
fácil.
3. ¿Que podo facer se se rompe o preservativo durante o coito?
-Para evitar un embarazo non desexado, deberase usar a anticoncepción de urxencia. Pódese tomar a pílula
postcoital (píldora do día despois) ou colocar un DIU de cobre nun Centro de Orientación Familiar (COF).
-Recoméndase tomar a pílula postcoital no prazo máis breve posible, xa que a súa efectividade diminúe co paso
do tempo.
-Se existe risco de contaxio de enfermidades de transmisión sexual, debes consultar co teu médico.
4. ¿Poden usalo mulleres
adolescentes e que non tiveron fillos?
O DIU é un método seguro e eficaz en poboación
adolescente. Debido á súa alta eficacia
anticonceptiva, recoméndase como método
anticonceptivo de primeira liña para evitar os
embarazos non desexados en adolescentes,
especialmente naquelas que non usan
correctamente outros métodos, como a píldora ou
o preservativo.
Naquelas adolescentes con múltiples parellas
sexuais e hábitos sexuais de risco, antes de inserir o
DIU deberíase realizar unha proba de cribado de
infección por chlamydia e gonorrea, debido o risco
aumentado de enfermidade inflamatoria pélvica.
4. ¿Pódense usar lubricantes co preservativo?
-No caso dos condóns de látex, só se poden usar xeles derivados de auga ou cremas espermicidas.
-Non se debe usar vaselina ou lubricantes derivados do aceite, xa que poden danar o látex.
-Tampouco se debe usar a saliva, porque pode transmitir infeccións de transmisión sexual.
5. ¿Produce infertilidade?
Non, unha vez que se retira o retorno á
fertilidade é inmediato.
5. ¿Pódese usar o preservativo se se usan óvulos ou cremas vaxinais?
-Algunhas medicacións conteñen produtos derivados do aceite que poden danar os preservativos de látex. É
aconsellable consultar o prospecto para ver se o uso de preservativo é compatible.
6. ¿Aumenta o risco de embarazo
ectópico (nas trompas de Falopio)?
Non, as mulleres que usan DIU teñen
unha taxa de embarazo ectópico
menor (0-5/10.000 mulleres-ano) que as
que non empregan métodos
anticonceptivos (30-65/10.000 mulleres-
ano). Non obstante, nas raras ocasións
que o DIU falla e se produce un
embarazo, debemos descartar que este
sexa ectópico, o que ocorre só no 6%
dos casos.
6. ¿Pódese poñer un preservativo sobre outro para obter unha maior seguridade?
Non, o roce dun preservativo sobre outro pode aumentar o risco de rotura.
7. ¿Podo realizar unha resonancia
magnética se levo un DIU?
Si, sen ningún problema. O DIU non sofre
ningún tipo de desprazamento, polo que
non é necesario revisalo despois de facer a
proba.
Efectos protectores sobre o cancro de cérvix
e endometrio
O DIU reduce á metade o risco de cancro de
cérvix, debido a estimulación da resposta
inmunitaria. Por un mecanismo
posiblemente similar, tamén diminúe nun
40% a probabilidade de desenvolver un
cancro de endometrio.
7. ¿Que facer en casos de alerxia ó látex?
Existen preservativos doutros materiais, como o poliuretano, que se poden utilizar estes casos.