O PRESERVATIVO FEMININO
O PRESERVATIVO FEMININO
Descúbreo na clínica interactiva
Vídeos
explicativos
Animacións 3D
dalle ó play e escolle
Preservativo
masculino
Preservativo
feminino
Diafragma
Capuchón
cervical
Esponxa
vaxinal
Espermicidas
Pílula
Parche
Anel
Hai máis métodos esperándote
Pílula só
xestáxenos
Inxección
trimestral
Implante
DIU
DIU
hormonal
Ligadura
tubárica
Oclusión
tubárica
Vasectomía
Métodos
naturais
ENDEREZO
Rúa Echegaray, 8
36002 / Pontevedra
CONTACTO
email: info@sogac.org
web: www.sogac.org
Copyright © 2021 SOGAC. Todos os dereitos reservados.
¿En que consiste?
É unha bolsa de plástico fina que se introduce na vaxina con dous
aneis flexibles en ambos extremos. O anel interior permite a
colocación dentro da vaxina, e o exterior, máis grande, permanece
fóra da vaxina cubrindo os xenitais externos da muller (vulva).
¿Cómo se utiliza?
-Pódese colocar ata 8 horas antes da relación sexual. Débese usar un novo preservativo en
cada coito, e nunca se debe usar xunto co preservativo masculino, xa que a fricción pode
provocar a rotura de calquera dos dous.
-Mercar os preservativos en farmacias ou establecementos garantidos. Comprobar a data de
caducidade.
-Abrir o envoltorio coa man, nunca cos dentes ou cun instrumento cortante, xa que poderían
erosionar o preservativo. Débese sacar o preservativo con suavidade, evitando tocalo con unllas
afiadas ou aneis.
-Suxeita o preservativo polo extremo pechado. Aperta o aro máis pequeno polo centro unindo
ambos lados.
-Nunha posición cómoda (sentada, deitada, de pé ou cun pé sobre un asento), separa os labios
da vulva e introduce o aro na vaxina todo o dentro que poidas.
-Uns 2cm do preservativo, incluído o aro externo, quedarán fóra protexendo os xenitais
externos.
-Guía o pene cara a vaxina suxeitando o aro, introducíndoo por dentro do mesmo. Débese ter
coidado de que o pene non empurre o aro externo introducindo o preservativo enteiro na
vaxina, ou que o pene se introduza entre o preservativo e a parede vaxinal. Se se cambia de
postura durante o coito, debe suxeitarse o aro externo para evitar o seu desprazamento.
-Tras finalizar o coito, debe retirarse o preservativo, preferentemente en posición deitada para
evitar que se verta o seme do seu interior. Cóllese polo aro externo, retórcese para pechar o
orificio de saída, e tírase del amodo.
-Tras retirar o preservativo, debe comprobarse que non se rompeu e tiralo ó lixo, nunca ó
inodoro.
Eficacia
-Ten unha elevada eficacia para evitar un embarazo non desexado, aínda que esta
eficacia é menor comparada con outros métodos, xa que o problema do preservativo é o
seu uso inconsistente (non sempre se utiliza en todas as relacións) e inadecuado
(débese colocar antes da penetración). Outras causas menos frecuentes de fallo
anticonceptivo poden ser a rotura do preservativo ou a súa introdución na vaxina.
-O índice de Pearl (nº de embarazos/100 mulleres-ano) estímase en:
- 21 na poboación xeral (uso típico)
- 5 naquelas mulleres que o usan sempre de forma correcta e sistemática (uso
perfecto)
-A súa eficacia aumenta se se usa cun espermicida, unha crema que se aplica na vaxina
inactivando os espermatozoides.
-Para aumentar á súa eficacia anticonceptiva, é recomendable o emprego do coñecido
como dobre método (preservativo asociado a outro método como o a pílula ou o DIU).
Co preservativo obteremos unha elevada protección sobre as ITS, e asociando outro
método aumentaremos a eficacia anticonceptiva.
Beneficios
-Protexe contra as Infeccións de Transmisión Sexual (ITS).
-Ausencia de efectos secundarios.
-Facilidade de uso e acceso.
-Pode colocarse antes do inicio das relacións, e, a diferenza do
preservativo masculino, non é necesario retiralo xusto despois da
exaculación.
-Pode aumentar a sensibilidade do home respecto ó preservativo
masculino.
-Compatible con todo tipo de
-Non é recomendable para o coito anal, a diferenza do preservativo
masculino.
Inconvenientes
-Eficacia anticonceptiva menor que outros métodos debido
principalmente ó seu emprego incorrecto. Menor eficacia que o
preservativo masculino.
-Método non financiado. Prezo máis elevado que o do preservativo
masculino.
-Pode interferir nas relacións sexuais. Durante o coito nalgunhas
posturas pode moverse ou saírse, pode orixinar ruídos molestos e
esteticamente é pouco atractivo. En xeral é peor aceptado que o
preservativo feminino.
1. Tras inserir o DIU, ¿debo usar un
método anticonceptivo adicional?
O DIU de cobre ten unha eficacia
inmediata, polo que non se necesita
utilizar un método anticonceptivo
adicional.
Os DIUs hormonais tardan uns 7 días
en acadar a eficacia anticonceptiva,
polo que se non insiren entre os días
1ºe7º de regra, deberá usarse un
método anticonceptivo adicional
durante unha semana.
1. ¿Protexe contra as enfermidades de transmisión sexual?
Si. O preservativo é o único método que protexe contra as enfermidades de transmisión sexual.
2. ¿Qué controis son necesarios?
A Organización Mundial da Saúde
(OMS) recomenda unha única visita de
control trala primeira menstruación,
entre 3-6 semanas despois da inserción,
para comprobar que está colocado
correctamente.
De todas formas, é desexable a
posibilidade de acceder a consulta, en
calquera momento que xurda algunha
dúbida ou problema
2. ¿Que podo facer se a miña parella non quere usar o preservativo?
-A protección fronte a un embarazo non desexado e as enfermidades de transmisión sexual, é importante
tanto para ti como para a túa parella.
-Recomendamos que, antes do inicio das relacións sexuais, cheguedes a un acordo para decidir qué
método anticonceptivo ides empregar. Deste modo poderedes gozar da vosa vida sexual plenamente e con
seguridade.
3. ¿Débese colocar coa
menstruación?
O DIU pódese colocar en calquera
momento do ciclo se a muller está
segura de que non está embarazada.
Non obstante, durante a menstruación
o cérvix uterino está máis dilatado e a
súa inserción do DIU pode ser máis
fácil.
3. ¿Que podo facer se se rompe o preservativo durante o coito?
-Para evitar un embarazo non desexado, deberase usar a anticoncepción de urxencia. Pódese tomar a pílula
postcoital (píldora do día despois) ou colocar un DIU de cobre nun Centro de Orientación Familiar (COF).
-Recoméndase tomar a pílula postcoital no prazo máis breve posible, xa que a súa efectividade diminúe co paso
do tempo.
-Se existe risco de contaxio de enfermidades de transmisión sexual, debes consultar co teu médico.
4. ¿Poden usalo mulleres
adolescentes e que non tiveron fillos?
O DIU é un método seguro e eficaz en poboación
adolescente. Debido á súa alta eficacia
anticonceptiva, recoméndase como método
anticonceptivo de primeira liña para evitar os
embarazos non desexados en adolescentes,
especialmente naquelas que non usan
correctamente outros métodos, como a píldora ou
o preservativo.
Naquelas adolescentes con múltiples parellas
sexuais e hábitos sexuais de risco, antes de inserir o
DIU deberíase realizar unha proba de cribado de
infección por chlamydia e gonorrea, debido o risco
aumentado de enfermidade inflamatoria pélvica.
4. ¿Pódense usar lubricantes co preservativo?
-Si. A diferenza do preservativo masculino de látex, o preservativo feminino é compatible con todo tipo de
lubricantes.
-Non se se debe usar a saliva, porque pode transmitir infeccións de transmisión sexual.
5. ¿Produce infertilidade?
Non, unha vez que se retira o retorno á
fertilidade é inmediato.
5. ¿Pódese usar o preservativo se se usan óvulos ou cremas vaxinais?
Si, o preservativo feminino é compatible co uso de óvulo e cremas vaxinais.
6. ¿Aumenta o risco de embarazo
ectópico (nas trompas de Falopio)?
Non, as mulleres que usan DIU teñen
unha taxa de embarazo ectópico
menor (0-5/10.000 mulleres-ano) que as
que non empregan métodos
anticonceptivos (30-65/10.000 mulleres-
ano). Non obstante, nas raras ocasións
que o DIU falla e se produce un
embarazo, debemos descartar que este
sexa ectópico, o que ocorre só no 6%
dos casos.
6. ¿Pódese combinar o uso dun preservativo masculino e dun preservativo feminino para
unha maior seguridade?
Non, o roce dun preservativo sobre outro pode aumentar o risco de rotura.
7. ¿Podo realizar unha resonancia
magnética se levo un DIU?
Si, sen ningún problema. O DIU non sofre
ningún tipo de desprazamento, polo que
non é necesario revisalo despois de facer a
proba.
Efectos protectores sobre o cancro de cérvix
e endometrio
O DIU reduce á metade o risco de cancro de
cérvix, debido a estimulación da resposta
inmunitaria. Por un mecanismo
posiblemente similar, tamén diminúe nun
40% a probabilidade de desenvolver un
cancro de endometrio.
7. ¿Como se pode evitar a aparición de ruídos molestos durante o coito?
Cunha adecuada lubricación antes de introducir o condón na vaxina, e cunha correcta colocación, evitando
o seu desprazamento durante o coito, pódense minimizar a aparición de ruídos molestos.
7. ¿Podo realizar unha resonancia
magnética se levo un DIU?
Si, sen ningún problema. O DIU non sofre
ningún tipo de desprazamento, polo que
non é necesario revisalo despois de facer a
proba.
Efectos protectores sobre o cancro de cérvix
e endometrio
O DIU reduce á metade o risco de cancro de
cérvix, debido a estimulación da resposta
inmunitaria. Por un mecanismo
posiblemente similar, tamén diminúe nun
40% a probabilidade de desenvolver un
cancro de endometrio.
8. ¿Que facer en casos de alerxia ó látex?
O preservativo feminino pode usarse en casos de alerxia ó látex, xa que está feito de poliuretano.