A VASECTOMÍA
A VASECTOMÍA
Descúbreo na clínica interactiva
Vídeos
explicativos
Animacións 3D
dalle ó play e escolle
Preservativo
masculino
Preservativo
feminino
Diafragma
Capuchón
cervical
Esponxa
vaxinal
Espermicidas
Pílula
Parche
Anel
Hai máis métodos esperándote
Pílula só
xestáxenos
Inxección
trimestral
Implante
DIU
DIU
hormonal
Ligadura
tubárica
Oclusión
tubárica
Vasectomía
Métodos
naturais
ENDEREZO
Rúa Echegaray, 8
36002 / Pontevedra
CONTACTO
email: info@sogac.org
web: www.sogac.org
Copyright © 2021 SOGAC. Todos os dereitos reservados.
¿En que consiste?
Mediante unha pequena incisión no escroto, secciónanse os condutos
deferentes, interrompendo o paso dos espermatozoides. Realízase de
forma ambulatoria, con anestesia local.
Duración
Permanente. É un método definitivo e irreversible.
Eficacia
Moi alta. O índice de Pearl (nº de embarazos/100 mulleres-ano) é
de 0,15.
Beneficios
-Eficacia anticonceptiva moi alta, superior incluso á ligadura tubárica.
-Realízase de forma ambulatoria, con anestesia local.
Inconvenientes
-Non é efectiva de forma inmediata. Tras un período de tempo de 3
meses e un número de exaculacións non inferior a 20, débese
comprobar mediante un análise do seme (seminograma), que non
existen espermatozoides no exaculado.
-Aínda que é unha técnica segura, poden xurdir complicacións leves
como sangrado, infección e dor escrotal. No 1-2% dos casos a dor
pode ter carácter crónico.
-Aproximadamente un 2% dos pacientes vasectomizados solicitan
unha recanalización, principalmente debido a unha nova relación de
parella. A taxa de éxito diminúe conforme aumenta o período de
tempo transcorrido dende a vasectomía.
1. ¿Desde cando é efectiva?
Aproximadamente un 80% dos pacientes non teñen espermatozoides no exaculado despois de pasados 3
meses e 20 exaculacións.
2. ¿É necesario usar algún outro método anticonceptivo?
Si. Débese usar un método anticonceptivo adicional ata a confirmación mediante un seminograma de que
non existen espermatozoides no exaculado.
3. ¿Que coidados postoperatorios precisa?
Recoméndase repouso relativo durante 24 horas, debendo evitar exercicio físico intenso e actividade sexual no
prazo dunha semana.