A LIGADURA TUBÁRICA
A LIGADURA TUBÁRICA
Descúbreo na clínica interactiva
Vídeos
explicativos
Animacións 3D
dalle ó play e escolle
Preservativo
masculino
Preservativo
feminino
Diafragma
Capuchón
cervical
Esponxa
vaxinal
Espermicidas
Pílula
Parche
Anel
Hai máis métodos esperándote
Pílula só
xestáxenos
Inxección
trimestral
Implante
DIU
DIU
hormonal
Ligadura
tubárica
Oclusión
tubárica
Vasectomía
Métodos
naturais
ENDEREZO
Rúa Echegaray, 8
36002 / Pontevedra
CONTACTO
email: info@sogac.org
web: www.sogac.org
Copyright © 2021 SOGAC. Todos os dereitos reservados.
¿En que consiste?
É a oclusión ou corte das trompas de Falopio, impedindo a
fecundación do óvulo por parte do espermatozoide. Adóitase realizar
mediante laparoscopia (técnica que permite a visión da cavidade
abdominal mediante unha cámara que se introduce a través dunha
incisión de 1,5 cm, debaixo do embigo). Tamén se pode realizar a
ligadura tubárica no transcurso doutras operacións abdominais, coma
no caso da cesárea.
Duración
Permanente. É un método definitivo e irreversible.
Eficacia
Moi alta. O índice de Pearl (nº de embarazos/100 mulleres-ano) é
de 0,5.
Beneficios
-Altísima eficacia anticonceptiva e de forma inmediata desde a
intervención.
-Rápida recuperación trala cirurxía, sendo posible a alta nas primeiras
24 horas na maior parte dos casos.
Inconvenientes
-É unha intervención cirúrxica, que precisa de anestesia xeral. Aínda
que segura e efectiva, en menos do 1% dos casos poden xurdir
complicacións relacionadas coa intervención (sangrado, infección,
lesión intestinal, etc.), especialmente en mulleres con factores de risco
como obesidade, diabete ou cirurxías previas.
-É un método irreversible. Para conseguir un embarazo posterior á
intervención, son necesarias técnicas de reprodución asistida
(fecundación in vitro).
1. ¿Ten efectos beneficiosos sobre a saúde?
A ligadura tubárica asóciase a unha diminución do risco de cancro de ovario e de hospitalización por
enfermidade inflamatoria pélvica, posiblemente pola interrupción da migración de carcinóxenos e
bacterias a través das trompas cara a cavidade abdominal.
2. ¿Ten efectos sobre a función sexual?
A maioría das mulleres non experimentan cambios na función sexual, mentres que outras poden
experimentar unha melloría, posiblemente debido á perda do medo a un posible embarazo.
3. ¿Aumenta o sangrado ou a dor menstrual?
Non. Os estudos indican que nalgunhas mulleres pode incluso diminuír tanto a cantidade de sangrado como a
dor menstrual, aínda que tamén poden aumentar as irregularidades menstruais.