O DIU DE COBRE
O DIU DE COBRE
Descúbreo na clínica interactiva
Vídeos
explicativos
Animacións 3D
dalle ó play e escolle
Preservativo
masculino
Preservativo
feminino
Diafragma
Capuchón
cervical
Esponxa
vaxinal
Espermicidas
Pílula
Parche
Anel
Hai máis métodos esperándote
ANTICONCEPCIÓN DE URXENCIA
diu de cobre
Pílula só
xestáxenos
Inxección
trimestral
Implante
DIU
DIU
hormonal
Ligadura
tubárica
Oclusión
tubárica
Vasectomía
Métodos
naturais
ENDEREZO
Rúa Echegaray, 8
36002 / Pontevedra
CONTACTO
email: info@sogac.org
web: www.sogac.org
Copyright © 2021 SOGAC. Todos os dereitos reservados.
¿En que consiste?
É un dispositivo de 4-5 cm de plástico que contén un fío de cobre.
Colócase no útero e evita o embarazo, principalmente polo efecto
espermicida do cobre, aínda que tamén debido ó seu efecto no útero
dificulta a implantación do óvulo no caso de ter sido fecundado.
Eficacia
99,9%. É o método de anticoncepción de urxencia máis eficaz.
¿Ata cando se pode inserir?
-Existe evidencia sólida da súa eficacia ata 5 días despois dunha relación
sexual sen protección.
-Debido ó seu posible efecto postfertilización, incluso podería ser efectivo ata 7
días despois, pero os datos son limitados.
¿Onde se pode inserir?
Preferentemente, nos Centros de Orientación Familiar (COF), e tamén nalgúns
Centros de Saúde e consultas de Xinecoloxía.
Beneficios
-Altísima eficacia. É o método de anticoncepción de urxencia máis
efectivo, estando especialmente indicado en mulleres con sobrepeso e
obesas, nas que pode diminuír a eficacia da pílula do día despois.
-Proporciona unha anticoncepción de longa duración, habitualmente 5
anos.
-Cómodo e discreto, non interfire nas relacións sexuais.
-Inserción gratuíta, preferentemente nos Centros de Orientación
Familiar (COF), e tamén nalgúns Centros de Saúde e consultas de
Xinecoloxía.
-Recuperación da fertilidade de forma inmediata trala súa extracción.
Inconvenientes
-Pode aumentar a cantidade de sangrado e a dor menstrual,
especialmente nos primeiros meses trala inserción. Non é un método
recomendable para mulleres con regras dolorosas ou sangrado
menstrual abundante.
-Pódese producir un sangrado intermenstrual os primeiros meses trala
súa inserción. Se se prolonga mías alá dos 6 primeiros meses, deberá
descartarse un problema xinecolóxico.
-Non se pode inserir no caso de existir caso de existir unha infección
por gonococo ou chlamydia, debido ó risco de aparición de
enfermidade inflamatoria pélvica.
-Non protexe das infeccións de transmisión sexual, polo que se
deberá empregar o preservativo se hai risco de contaxio.
1. ¿Qué controis son necesarios?
-A Organización Mundial da Saúde (OMS) recomenda unha única visita de control trala primeira
menstruación, entre 3-6 semanas despois da inserción, para comprobar que está colocado correctamente.
-De todas formas, é desexable a posibilidade de acceder a consulta, en calquera momento que xurda
algunha dúbida ou problema
2. ¿Poden usalo mulleres adolescentes e que non tiveron fillos?
-O DIU é un método seguro e eficaz en poboación adolescente.
-Debido á súa alta eficacia anticonceptiva, recoméndase como método anticonceptivo de primeira liña
para evitar os embarazos non desexados en adolescentes, especialmente naquelas que non usan
correctamente outros métodos, como a píldora ou o preservativo.
-Naquelas adolescentes con múltiples parellas sexuais e hábitos sexuais de risco, antes de inserir o DIU
deberíase realizar unha proba de cribado de infección por chlamydia e gonorrea, debido o risco
aumentado de enfermidade inflamatoria pélvica.
3. ¿Produce infertilidade?
Non, unha vez que se retira o retorno á fertilidade é inmediato.
4. ¿Aumenta o risco de embarazo ectópico (nas trompas de Falopio)?
-Non, as mulleres que usan DIU teñen unha taxa de embarazo ectópico menor (0-5/10.000 mulleres-ano)
que as que non empregan métodos anticonceptivos (30-65/10.000 mulleres-ano).
-Non obstante, nas raras ocasións que o DIU falla e se produce un embarazo, debemos descartar que este
sexa ectópico, o que ocorre só no 6% dos casos.
5. ¿Podo realizar unha resonancia magnética se levo un DIU?
Si, sen ningún problema. O DIU non sofre ningún tipo de desprazamento, polo que non é necesario revisalo
despois de facer a proba.
6. Efectos protectores sobre o cancro de cérvix e endometrio
-O DIU reduce á metade o risco de cancro de cérvix, debido a estimulación da resposta inmunitaria.
-Por un mecanismo posiblemente similar, tamén diminúe nun 40% a probabilidade de desenvolver un
cancro de endometrio.
7. Cando acudir a consulta
-Se os días posteriores aparece febre de causa non explicada ou fluxo vaxinal con mal olor, para descartar
unha infección pélvica tratable con antibióticos.
-Ante menstruacións moi abundantes e dolorosas, ou sangrado intermenstrual de xeito continuado.
-Se tes dor na parte baixa do abdome coincidindo coas relación sexuais.
-Se a túa parella nota os fíos durante as relacións, xa que estes se poden recortar.